Monday 20 de May de 2024

Corenta alumnos da Aula de Teatro do IES Número 1 visitan o Centro Lustres Rivas


Corenta alumnos de primeiro e cuarto de ESO do IES Número 1, todos eles integrantes da Aula de Teatro deste centro educativo, visitaron hoxe as instalacións do Centro Cultural Lustres Rivas e a veciña Biblioteca Municipal.

Baixo a guía de Alicia Padín, responsable do Servizo de Normalización Lingüística, os rapaces e rapazas tiveron ocasión de contemplar as obras integrantes da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, que estará exposta ata o 1 de maio.